Jorge Augusto
Méndez Lamas
Director general
Benvidos ó club Flic Flac,

En nome de todas as persoas que integramos o club queremos enviarlles un cordial saúdo de benvida. Estamos moi compracidos de ser un dos referentes acrobáticos en España.

O noso proxecto deportivo procura achegar á ximnasia acrobática a todos e todas a partires dos tres anos de idade, a través dunha pedagoxía positiva e integradora. A ximnasia acrobática é unha modalidade deportiva pertencente á Federación Internacional de Ximnasia (FIG), onde se compite por parellas, tríos femininos ou cuartetos masculinos, baixo un soporte musical.

No apartado de actividades da nosa páxina web, atoparedes os diferentes grupos e horarios, estructurados segundo nivel e aptitudes ximnásticas. Para calquer consulta, podedes contactar no apartado "O Club" / "contacto" e enviarnos unha mensaxe con todas as vosas preguntas ou suxestións.

Grazas a tod@s, por axudarnos a que este soño sexa posible.